O santo poliglota
Outubro 25, 2009
Trátase dunha imaxe que atopei na miña última viaxe á Bretaña. Alá, como en Baviera e non como en Galiza, a defensa da lingua e cultura propia está fondamente ligada á igrexa e o catolicismo presenta detalles que na Galiza nin soñamos. Isto é o millor que topei e que maquillei un pouco dunha imaxe que polas présas e a falta de práctica tamén eu saquei no seu momento pero con muito peor resultado. Unha imaxe sita entre dúas columnas da catedral de Kemper. Realmente impresionante aos meus ollos.
O texto que non se pode ler nesta imaxe pero que figura a xeito explicativo na parte baixa da mesma di: Le P. Maunoir Obtient Miracleousement Le Don De Le Langue Bretonne. Chamoume moitísimo a atención cando o mirei. Descoñezo quen é o tal P. Maunoir pero gústame que un anxo por imposición de man na lingua lle pase o don da lingua bretoa. A consideración do bretón xa só como realidade e recoñecelo como lingua é un punto ao seu favor e ademais que se lle nomee lingua e logo se lle outorgue categoría de don e transmitido de maneira máxica por un anxo é dignificación en estado puro (de mentalidade católica) da lingua. Gustoume tanto que non o puiden olvidar.
Pois ben, se mirades o desastriño de foto (refírome á maneira chafalleira da presentación) imaxinade como é o meu alemán. Ai mi madriña, isto non se aprende por imposición de anxos! E se si, que me digan a que santo teño que pregar para que me baixe o santo políglota e poliglotizador que xuro que comezo a rezar xa mesmo.
Ás veces desespérame a velocidade lentísima en que vou aprendendo o alemán.
Novembro 11, 2009 ás 5:30 pm
Parabens pelo blogue. Endadiremos ligação no nosso site.
Em relaçao ao artigo da Bretanha, a religião católica e as linguas minorizadas…
http://www.elpais.com/articulo/opinion/idioma/Virgen/Maria/playa/elpepuopi/20091109elpepiopi_12/Tes
Xuño 23, 2010 ás 12:54 am
Pois o anxo poliglotador (uf) non lle debeu otorgar o don a moitos, porque pouca xente alá o fala…
tés un xeito de contar o do anxo, que impresióname a min tamén, realmente emociona.