auto-orgullo

Decembro 22, 2010

E esta noite comprendín que aínda que non obtiven o resultado que quería nesta miña antiaventura e me sentín derrotado e humillado porque todo o mundo soubo do meu fracaso. A pesar diso, a boa nova é que sigo sendo un soñador e que defendo os meus principios até os lindeiros da autodestrución. Non todos podemos ser iguais. E eu latexo ao ritmo do meu corazón, ás veces aletargado na flor da marva e outras (non tantas) baril, sereno e confiado á aventura. Ich bin heute endlich stolz auf mich und bin ich glücklich so zu sein.

Fixen desta derrota un manifesto do que quero ser. Non un derrotado pero sí un excéntrico loitador que ama con paixón e non renuncia aos seus principios. Tardei en verlle o lado bo. Pido só o voso respecto xa que non podo gozar das meles do triunfo que terían sido a alegría máis grande da miña vida. Voei e manqueime, pero tamén vos digo que é ben fermoso voar.

Servus e Grazas!

Advertisements

Unha resposta to “auto-orgullo”

  1. Mar e Lúa Says:

    ¿Sabes canta xente pagaría por poder alugar as túas ás para voar polo menos durante un rato? Creo que a túa actitude demostra que es unha persoa intelixente, forte e honesta, algo digno de admirar (e envexar) nestes tempos que corren. Apertas!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: