Sei o que quero e non mui ben o que facer para conseguilo. Ás veces na vida hai que tomar unha decisión con consecuencias. A Nosa Terra está inzada de historias de xente que marcha a outro país para gañar o pan. Esta é unha máis delas coa engádega de que eu voume para tentar retomar un amor que é posible que xa non sexa correspondido.
Non teño ningunha seguridade pero creo que teño algunhas persoas nas que podo confiar [non sei canto, porque son amigos da ex-parella] agardando.