O meu novo amor muniqués
Maio 10, 2010
O meu novo amor muniqués, tranquilos todos (ou seguídevos tirando dos pelos polo meu grau de masoquismo), é a miña bici. É de todo feuchiña e valeu catro pesos nunha feira pero estame ensinando a cidade e non como o meu outro amor. Temos unha coordinación boa, aínda que cando a catalina vai grande e o piñón no máis pequeno escorrega por momentos a cadea. Estaba pensando se poñerlle o nome da miña ex á bici, por aquilo de me rir un pouco. Cando era mais novo púñalle nomes de persoa a obxectos importantes na miña vida. A bufanda negra de lá de cabra era Malvarez, o enigmático reloxo de peto que herdara de maneira rocambolesca tiña nome previsible (Feliciano), a gaita chamáballe Olivia e á pandeireta Teresa. Nomes de amores case de infancia.
Onde vai que escribira un post neste blogue contando como me gustaban as cidades europeas pola xente que as percorría en bici. Hoxe en 15 minutos púxenme no centro dunha maneira divertida e deportiva. O carril bici acompañoume nun 95% do traxecto e hei de dicir que cando saín me xoguei unha boa molleira porque xa apuntaban perigo as negras nubes que agora lostregan aí fóra.
A vida é bonita. A miña ex tamén. Pero son cousas diferentes
Maio 11, 2010 ás 11:52 pm
Aqui todo o mundo anda en bici tamen. A min meteme algo de medo, ainda que os coches son moi respetuosos. Gustariame moito andar en bici, e asi non teria que depender tanto do bus, pero penso que seria un perigo para os pobres dos conductores :D
Sorte nos teus percorridos!