Distancias
Novembro 12, 2009
Coa noite o pensamento viaxa sen fronteiras, cansanzo, nin problemas de tempo e de buscar o camiño. O meu pensamento anda que non durme esta noite. Estaba a percurar as predicións meteorolóxicas para os dias que vou onda ela, para que me confirmen que se poderá voar sen problema e quitar unha paranoia da cabeza. A noite chama por elas. Estaba buscando unha predición a unha semana do tempo en Europa e como é lóxico non topei, porque as predicións meteorolóxicas son pouco fiábeis para un punto concreto a partir do 3º día e para Europa en xeral son meras ilusións porque todo pode ser ou non ser como di o mapa. Pois non atopei o que quería pero dei cunha aplicación que me di que desde o meu cuarto ao dela haiche en liña recta 1670 quilómetros.
Pareceume ben pouco e comparei co que opina para coche o google maps, que son 2335 se imos atravesando a Suíza, e 2285 sen abandoar o territorio comunitario. Isto en coche serían en torno a 22 horas e, sorprendentemente tamén dá a opción a pé aínda que a hai que modificar para non ir polo medio do mar desde Barcelona, 19 días camiñando. Acabo de flipar porque eu fixen o camiño en 25 dias desde Navarra así que esa estimación é de camiñar as 24 horas deses 19 días. A outra paranoia é se me afectará ou non a folga de Iberia destes días. Que desastre de compañía… que ben a gusto prescindiría dela!
Pois aí van as reflexións pouco lúcidas arredor das distancias nunha noite fría menos para vela.
google/mundo racista?
Setembro 1, 2009
Muito me rira aquela vez que nun film americano un gordechiño e paliducho lle dicía a un novo viciño no seu barrio mentres facía a mudanza á nova casa que era a primeira vez que miraba un negro metendo un televisor dentro dunha casa e non ao revés.
As diferenzas existen. Os que falamos linguas minorizadas somos mui sensibles co trato que se lles dá. Se os que se din liberais en españa o fosen de verdade non poderían dicir todos cheos que quitar un símbolo dunha gardería de nenos que é unha casa cunha bandeira é desideoloxizar o ensino infantil. Só é volver a facer invisible o que queren que desapareza. E como as persoas son todas iguais, veñan de onde veñan, falen o que falen ou teñan a cara do cor que a teñan. Eses que se din liberais para malvender o estado en realidade só o son para poder vender aos seus amigos cousas que non lles pertencen.
Pois o que mirei na foto de enriba pareceume críbel pero acabo de facer a busca eu e xa non me suxeriu nada. De feito hai unha boa chea de entradas a páxinas comentando a foto. Será real ou unha montaxe? De todos xeitos, sería mui típico da nosa sociedade e festexo que se foi real xa non se dea máis. O mundo mellora con detalles pequenos :)