Secuela(s)

Agosto 3, 2010

Despois da miña última aventura sentimental. Un derrape emocional ben fermoso e de morrazo final feito público por medio deste blogue. Despois de todo isto quédanme en claro un par de conceptos: Hai que aproveitar a vida e cada momento, porque nunca se sabe cando poida cambiar todo; son un cabezón da hostia (e perdoen a miña baixa lingua pero é muito máis sincero e claro expresado desta maneira); temos a vida para vivila como máis nos guste, se en Compostela se vive ben pero pensas que vas vivir mellor en Munique daquela emigra (isto é un luxazo que eu me puiden permitir).

Estas serían as conclusións racionais. Á que lle deberíamos engadir que o alemán é un idioma realmente difícil e que de agora en adiante procurarei ser mellor anfitrión coa xente que vén de fóra. Prometíamas duras na miña situación sentimental. Pensei en ser emigrante/exiliado por amor e rematei por ser un inmigrante pringao buscando traballo nun país descoñecido e sen manexarme ben no seu idioma. Non vos recorda isto a un kamikaze? a min si, pero só pensei que sería kamikaze no emocional. Realmente tamén fun un kamikaze economicamente falando. Aquí os cartos vanse das mans como a area foxe entre os dedos.

Tamén teño practicado bastante a arte do choro. Non literalmente (que tamén), máis ben de modo literario. As pobres vítimas que seguistes este blogue estandes un pouco máis perto do ceo grazas ás mortificacións que produce a súa lectura.

Co cal, nun prazo breve de tempo estarei en casa. Galiza. Aprendín un pouco alemán, aínda que de todo insuficiente, e tamén cousas da vida. A mellor moza é sempre a peor ex. Lembrade esta frase para cando vos faga falta. Espero que nunca, porque doi.

E como apuntamento de todo irracional, direi que se ben ata agora non me gustaban demasiado as mulleres de pelo roxo (ás que en galego chamamos roxas ou rubias) agora cada vez que miro unha o corazón dáme un chimpo e non é porque pense que poida ser a miña ex senón porque me atraen muito máis ca antes. Pásame mesmo na web con esta fotiño de Shirley Pretty, que eu non sei quen é pero que seica publicou unha canción vía Facebook porque a súa discográfica rexeitou o seu novo disco. Algún colega pasouma vía Twitter.

Que podo facer? É grave doutor?

3 Respostas to “Secuela(s)”

  1. Mr Tichborne Says:

    A roxa da foto, ben riquiña. Do outro, mellor o falamos cun licorca de por medio. Kopf hoch, meu.

  2. Arduina Says:

    Hai anos dician que eran meigas! E eu xa estou por pensar que é certo que o son.
    Animo e moito licor cafe! Canto menos intentachelo, xa podes estar ben orgulloso de ti mesmo!

  3. Xacobe Says:

    Pois só dicir que me alegro moito de que xa volvas prontiño. E o de se é grave……. penso que non.
    ;)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: