O cómico do asunto

Marzo 28, 2010

A verdade é que ten coña. Calquera día vaime aparecer meu pai pola porta da casa de Múnic. É unha persoa tremendamente arroutada e xa miña irmán me ten dito que hai muitas veces que el di que se vén de visita. Ela dime que en canto o saiba me avisa. En fin, o problema é que eu non lles contei a realidade. Sempre que me chaman mándanme apertas e demais para ela. Ais, e me andan a preguntar se todo está ben. Eu digo que si, por suposto, e non minto. A verdade é que non vai mal. Só unha cousa non vai como tiña que ir e o problema é que é o motivo principal desta andaina no estranxeiro.

Pode ser cómico como apareza o meu santo pai por aquí e eu neste escenario de nervios, tensión e desamor… De todas maneiras estou contento porque a situación na casa familiar mellorou amplamente e é unha preocupación menos. E a Semana Santa pasareina no norte cunha boa amiga. Que pena que as amigas me traten mellor que ela e ao tempo que sorte ter boa xente que se preocupa por min sempre :)

Aperta a quen me le! As cousas continúan igual pero non empeoran. Aínda que só tivese un 1 por centro de posibilidades de éxito eu estaría aquí para tentalo, e non vexo as cousas tan crúas.

Advertisements

4 Respostas to “O cómico do asunto”

  1. Unha que le Says:

    Disfruta desa excursión! sabes a min onde me toca? Cariño, Ortegal, Estaca de Bares. Volverei ensinar San Andrés e mercareille ao señor de sempre as figuriñas de pan. Mándame o enderezo que che mando unha herbiña de namorar. Unha aperta curuñesa

  2. Mar e Lúa Says:

    Ai, que medo as visitas sorpresa…! Eu tamén lles temo! Escoita, e cómo é que escondes unha cousa así tanto tempo? Jajaja. Xa nos contarás cómo vai a semana santa. Unha aperta e pásao ben nas vacacións

  3. Kamikaze nach München Says:

    A verdade é que non me estraña que me preguntes iso. Ando pondo aquí ao vento as miñas “interioridades” e claro dou imaxe de rapaz mui comunicativo e monotema pero en realidade a miña familia e eu hai anos que non vivimos na mesma cidade e falamos ben pouco. Eles non preguntan e eu non conto. Só tiven que escaquear directamente do tema en 2 ocasións, o resto do tempo nunca me preguntan así que eu tampouco conto. E ainda que non o creades, procuro non falar demasiado deste tema. Reservoo para os probes sufridores lectores deste blogue e para os probes amigos que me aturan.

  4. Arduina Says:

    Pasao moi ben! E non pases frio, que no norte fai un frio do carallo! Para cando van vir un par de fotos? :)

    A miña nai vai vir en maio, xa veras que panorama! Xa lle dixen que non queria que andivese rosmando todo o dia co que como e o que deixo de comer.
    E logo digolle “queres que che vaia mirando o hotel”? E me di “para que? Non vou quedar na tua casa?”.
    Teño o medo metido no corpo, a ver que pasa entre a miña compañeia de piso e ela, que a miña compañeira é de todo menos coitada. E terei que agochar todos os meus vicios pola casa adiante!
    Xa estou vendo á miña compañeira de ñaca ñaca co mozo na habitacion do lado e a miña nai con cara de merda.
    Ai dios miooooooo!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: