ainda na allada

Marzo 21, 2010

Levo un anaquiño pensando que título lle por a isto. A verdade é que non se me ocorre pero hai un par de cousiñas máis que quero contar. A primeira é que cada día que pasa son unha persoa un pouco mais resentida por ter que reclamar para si un trato humano á persoa que ama. E a segunda é que teño observado que cando escribía neste blogue antes de chegar a esta parte do mundo animábame a seguir na antiaventura, que xa se sabía desde o principio, e agora mesmo cada vez que penso en escribir algo non me dá a mesma sensación senón a de estar bastante farto e as ganas de mudar de tema.

A verdade é que é como se estivese de vacacións. Levo 3 días traducindo o meu curriculum para comezar a buscar choio e non sei cando acabarei con tanto empeño que lle poño. Pero estas vacacións non son nada agradábeis. Cando merquei o billete tiven que fixar unha data de regreso, que eu pensaba que non ía usar pero cada vez máis penso que ese día é a data de caducidade desta historia.

Acaba de chamarme ela. Usou o teléfono! e mira que che é pouco dada a gastar. Xa me estrañou cando onte me dixo que me ía chamar, pensei que me mandaría unha mensaxe vía mail, que pragmaticamente resolve pero no meu corazón non é o mesmo. A verdade é que ultimamente cando decide comunicar comigo móstrase encantadora pero eu estou fartiño de todo. Comezo a pensar que fixen mal en vir ata aquí e en namorar dunha muller que se mostra tan pouco atenta. Ela insiste seguido en que non é un roboter. É a súa frase preferida cando discutimos. Pero se en vez de demostralo cos actos ten que dicilo así é que algo de robot(er) si que ten.

3 Respostas to “ainda na allada”

  1. Arduina Says:

    Eu só che podo mandar animos. Sei ben o que é mudar a un pais diferente, e desgraciadamente tamen coñezo o resentimento que aparece cando deixas todo por alguen e non es correspondido.
    Acouga. Mudar de ambiente é moi dificil, e ainda que non o pareza, precisas de tempo para adaptarte e para deixar que todos eses sentimentos que tes tamén acouguen.
    Lembra as túas intencións ó principio, e toda a forza que tiñas. Non quero parecer insensible, pero son poucas semanas ahi, o teu caracter mesmo esta a mudar pola adaptacion. E se algun dia ves que non podes mais, xa sabes onde tes o teu recuncho escocés, e de balde!

  2. Unha que le Says:

    Pois eu agardo unha mudanza de título, fotos do entorno, a ledicia da descuberta, a neve, as botas novas, os compañeiros de clase, tantas tantas cousas…non esquezas que é a túa aventura, quero anécdotas e ledicias (e malia a que a vida ás veces mancha da man dun está volver a reinventarse!)

  3. Kamikaze nach München Says:

    Arduina… sabes que comecei a contar estas cousas inspirandome en que ti ás veces tamén fas cousas parecidas. Eu sempre che fun un paranoide de non contar nada meu por internet pero a situación superoume e pensei que mesmo poderia contar algo así de grave con algunha gracia. Por iso me mola que me convides ir ao teu curruncho. Faime muita ilusión e téntame muito.
    E para a miña lectora coruñesa… si, non te preocupes que fago boa vida nesta terra. É cara e non coñezo muita xente pero fago o que podo por pasalo ben. Pero este blogue é sobre as ganas que teño de volver coa miña ex e non meto aquí esas cousiñas de Giri en München ;)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: