espertando do meu soño…
Marzo 10, 2010
Vale, ás veces a vida é como un soño. E despertamos del. Como me fastidía oír o despertador, sempre me entra unha preguiza inmensa cando o oio. E supoño que con isto pasoume o mesmo. O soño foi tan fermoso que cando tocou ao seu fin finxín que non oía para non acordar neste mundo de xente con cara de can. E cando insistiu o despertador negociei para durmir un pouco máis. E finalmente cando chegou o momento en que xa non se negocia eu estaba con cara de parvo e babexando a almofada mentres alguén, de pé e con cara sería me miraba. Ela non comprende que me guste durmir, pero eu soño con ela e iso é algo que só sei valorar eu. Eu quero seguir durmindo mentres ela non se moleste muito. E agora… agora mostrase cruel e desexa que me levante e que me vaia en silencio.
E aquí estou, no seu país. Pensando que non me merezo unha moza tan pouco amable. Que ela non se merece alguén que a queira tanto coma min. Que non sabe que é unha persoa importante. Seguro que pensa que estou aquí porque me aburría no meu país. Ou porque me parecía divertido. E non me parece divertido. Pásoo mal e me trata peor que a un descoñecido. Non entendo como puidemos chegar a isto. En fin, que todo debeu rematar. Que o kamikaze sempre que se espeta contra o barco non gaña a simpatía da vítima nin consegue grande cousa para o seu país. Se non mudan muito as cousas isto vai ser o final triste dunha historia gloriosa.
Muitas grazas aos que a seguistes. E sabede que hai unha muller en München pola que un home pode deixalo todo. A vida non é só sumas, restas, multiplicacións e divisións. A vida ten cousas que se saen deses principios lóxicos. Disfrutádeos, porque nós somos só iso.
Marzo 14, 2010 ás 5:37 am
Non! Nooon! Por que non estas un tempiño ahi e miras a ver que pasa? Eu non sei a historia, claro, pero igual para ela é moito sentimento de súpeto.
Que vas facer agora? Tes que quedar ahi e pelexar!
Marzo 14, 2010 ás 1:12 pm
Hai veces que un non pode facer muito. Hai que asumir o que hai sen deixar de facer o pouco que se poida. Pero en ocasións só a existencia dun tórnase nun elemento puramente revolucionario que golpea as conciencias. Estarei uns meses por acá pero volverei ao lugar onde aínda hai xente que me quere.
Admítense visitas ;)
Marzo 14, 2010 ás 1:14 pm
Arduina ten razón. Non volvas co sentimento de que non fixeches TODO o posible. Levas só dúas semanas, iso non é nada, estamos falando dunha alemá!.
No caso de que saia mal (é axiña de máis para esta determinación) non teño cura para o mal de amores, agás o tempo. Pero non adiantes a volta, desfruta desta cultura, aprende o idioma, etc. A primavera está a piques de chegar e por aquí é preciosa.
Isto acaba de comezar, meu. En fin, xa o discutiremos entre xerras ;) Unha aperta. E como din aquí, Kopf hoch!
Marzo 14, 2010 ás 3:41 pm
O tempo é a clave, pero danme ganas de ir a Munich e falar con ela!
E se non sae, ves en Agosto para Edimburgo a traballar uns meses, e superamos xuntos o mal de amores a base de pintas.