Incerteza

Febreiro 4, 2010

Unha vez pasado o punto de non retorno (coa familia, os amigos, os xefes do traballo e os compañeiros organizando unha cea de despedida) non queda outra que asumir que a viaxe vai ser feita. As dúbidas xa non son entorno a se se vai ou non se vai. Só arredor de que pinto en tal país ou que levar, ou que farei para conseguir o meu obxectivo. Iso si, as dúbidas nunca faltan. Sempre van comigo. Desde o máis físico: teño 21 kg de maleta para levar comigo e non sei que vai caber aí; ata o máis emocional (que é sobre o que versa este blogue). 24 catro horas ten o día e 24 días faltan para pisar ese chan chairo, beber esa auga que leva cal e tentar falar esa lingua tan diferente do galego.

Non estou nada seguro do que pode acontecer alá. Só sei que a historia ten que se pór a andar. Non se pode ancorar un a un momento toda a vida e agardar por el indefinidamente. Temos un problema que ata que eu estea alí non se pode resolver e levo un tempiño parado porque desde aquí o único que se pode é intuír. Así que o problema debe ser resolto dunha vez e para sempre. Isto é: ou é unha opción viable para a miña vida ou non o é. Así que tanto para ben como para mal terá que morrer o conto.

Neste punto só queda bater na porta, entrar e ver que pasa dentro.

Unha resposta to “Incerteza”

  1. zeltia Says:

    Bueno o blog trata do que queiras tí que trate, tampouco te tés que cinguir ó que pensaches hai uns meses… é como a vida, os enfoques e as vivencias van variando, e un blog persoal tampouco é como se abres un blog de tecnoloxía e despois falas de se che gusta máis o daikiri ou a caipirinha

    ;-)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: