Con neve
Xaneiro 9, 2010
Hai quen di que a vida con neve é mais bonita. Debe ser un destes pensadores de praia en agosto que non se desprenden da clara de limón sempre renovada na man ;) Vai xa para o meu segundo dia con neve deste ano e comezo a estar un bocadiño cheo dela. Vale que neve en Alemaña e mesmo, un pouquechiño, aquí para poder facer fotos bonitas pero é que non se dá feito. O mellor sistema antineve do concello, xunta e goberno é agardar ao medio día e pregar para que non siga. En momentos así síntome parvo, mui parvo, indo a 30 no meu carro por unha estrada que non limpa nin vai limpar ninguén. E non é que eu sexa un fitipaldi de non baixar de 90 pero é que recordo algunha ocasión coas estradas nevadas e a ex-namorada tranquilamente a máis de 100 por carreiros da súa aldea e eu no posto de copiloto abrazando de novo, en segredo, a fé católica e desempoeirando as pregarias que aprendera na catequese do padre Ogando. Parecemos de diferentes naturezas.
Por certo, e vindo a conto disto, que teño mirado que cando chegas a rexistrarte como estranxeiro residente en Baviera preguntan que relixión tes e en base a isto cóbranche máis ou menos impostos. Que repercusión ten iso? Será certo? Eu non sabería que dicir… E xa vai faltando menos para facer as maletas :)
Xaneiro 10, 2010 ás 12:22 am
O da relixión pregúntancho cando te empadroas no concello, paso necesario e obrigado. Insiste que non tes, e os teus pais tampouco. Supoño que non pagarás menos impostos por iso, mais polo menos non destinarás parte dos teus futuros salarios a Ratzinger AG. E se non estás bautizado, con máis razón.
A alternativa é darse de baixa da movida católica, iso é, apostatar e recibir largas do teu episcopado. Cousa que debe de ser satisfactoria cando se acada (hai casos) mais que a min sempre me deu preguiza…
Aquí neva a todo meter, meu. Mais cando neva, vai menos frío.
Xaneiro 13, 2010 ás 10:09 pm
Lin unha vez en Spaniards que se es católico unha parte dos teus impostos vai para a igrexa.
Xullo 9, 2010 ás 10:00 am
¿e se es ateo non che cobran nada?
:-)
Eu rexeitei tanto do catolicismo que ata nos peores momentos non teño pregarias que nazan do fondo da memoria.