O xélido decembro
Decembro 15, 2009
Mentres escribo estas liñas estou maldicindo a idea desafortunada de deixar a xanela aberta mentres ía traballar. Hai quen di por aí que o inverno está a ser duro e eu estou aterecido e aterrorizado porque, queridos amigos, o inverno está por comezar :S E non só vén xélido de temperaturas senón que as actitudes da rapariga fan que a balanza volva inclinarse a favor de que a antiaventura acabe en kamikazada buscando un sentido. Recentemente un residente en Baviera ao que lle sigo relixiosamente o blogue díxome que deberíamos montar un deses grupos chics do facebook con nomes rechamantes que se intitulase algo así como “vou papar frío a outro país e non sei ben por que, mais vai pagar a pena” é xenial o desalentador catastrofismo do comezo que se compensa cun optimista final. E paréceme a actitude correcta, sobre todo porque aquí o valente que escribe non pensa pisar Minga antes de comece a esmorecer o inverno, isto é entre o 20 de febreiro e o 1 de marzo. Vou papar a fin do inverno, o último terzo que na Galiza precede pracidamente a primavera. A ver como é naquelas terras! En realidade a ex-moza reivindicouse a si mesma como ex e anda ultimamente máis desagradable do normal. Realmente, e a pesar de todo o dramón que nos estamos a montar, non se mostrara case nunca nesas condicións.
Supoño que é normal, que se sente algo acosada coa idea de que o ex-mozo vaia deixar o país por ir a tocarlle as pelotas a ela ao seu. Vou comezar a chamarme a min mesmo Urkel na honra do anti-heroe preto da miña adolescencia televisiva.
Isto comeza a cheirar ao chamosco. Pero o meu traballo é unha merda e paso de estar toda a vida a me laiar de algo que non fixen. Collo unha excedencia por un ano e voume a facer o monas a Deutschland que se tan mal me vai só vou aprender un idioma con futuro e vivir unha experiencia única para lle contar aos netos. E sempre me queda o dereito a botar as choradas neste blogue que suple ao meu psicólogo de maneira eficiente e dun xeito muito máis barato :)
Decembro 19, 2009 ás 7:55 am
Penso que seria unha boa idea manter a distancia ó comezo, para que ela non se sinta ameazada dalgún xeito, coma se estiveses invadindo o seu espazo. Din que “el roce hace el cariño” e eu acho que é certo.
Decembro 20, 2009 ás 6:59 pm
Faille caso a Arduina, que parece que ten sentidiño. E tráete unha bufanda, que andamos rozando os -10ºC no xélido decembro bávaro.
Decembro 20, 2009 ás 10:12 pm
Carallo para o frío bávaro! Espero non non xele tamén os corazóns. Tou entrando en fase de non retorno posible. Tentarei que non se sinta mui invadida… ais… sempre se puxo mui mamá cando estabamos na sua terra. Teño que mostrarme un avizado muniqués máis o antes posible.
Xullo 9, 2010 ás 9:49 am
Xa vexo que lle dabas forma constructiva “e aparente”, para non sentirte ante tí mesmo un gilipollas (supoño). A verdade e que tamén parece que había motivacións añadidas á de correr tralo teu amor. (un descontento de fondo co traballo, unhas ansias de cambio, de moverte, de aventura…)
Polo que se ve, neste decembro, eu diríache adiante, verei despois qué foi!
;-)