1, 2, 3… Seguimos!
Decembro 4, 2009
Pois iso mesmo. Despois duns días na cidade destino da kamikazada as cousas seguen pendendo todas dun fío. Descartamos os dous extremos: Ela non vai pasar miña cando ande pola súa cidade, onde xa teño piso, pero tampouco caíu rendida aos meus pés no primeiro asalto. A piscina está con auga suficiente para poder lanzarme a ela e nadar pero non está nas mellores condicións de navegabilidade. Iso si, a rapaza non desmerece os esforzos. Non é cousa de falar demasiado dela pero confirmei in situ que aínda que isto pareza unha cafrada ela é motivación suficiente e xustificadora.
Despois de confirmar que realmente quero facer o que vou facer paso á fase de resolver asuntos prácticos. Toca buscar un curso de alemán intensivo e baratiño para poder comunicarme no país de "acollida" e un traballo de calquera cousa onde gañar uns cartiños cando non estea no curso de alemán e facer máis viable a estadía no extranxeiro. Desgraciadamente o que escribe non vive de rendas nin de aforrado e o factor ingresos é algo a ter en conta para facer calquera movemento. Comezarei en breve a xestionar no traballo actual unha excedencia para poder resgresar en condicións en caso que me fixer falla.
Seguimos na allada :)
Decembro 5, 2009 ás 3:55 pm
Eu cheguei coma ti a Alemaña, con gañas de aprender o idioma pero sen moita disponibilidade económica. Os cursos de alemán máis baratos son os da VHS (Volkshochschule), a min me foi ben cos intensivos, non tan ben máis tarde cos normais. Pregunta a ver. Por suposto, hai máis posibilidades: na Universidade, o Goethe, academias privadas…
É duro ó principio, o alemán non entra fácil, pero xa verás cando lle digas cousas bonitas no seu propio idioma… e se non furrula, o mar esta cheo de peixe. E de bávaras.
Ánimo!
Se tes preguntas, xa sabes.