As condicións favorábeis

Novembro 17, 2009

Cando un escribe sobre un mesmo ten unha certa tendencia a deixar no ar as cuestións máis negativas e potenciar a presenza das positivas. Trátase dunha actitude optimista e non dunha maneira de tentar quedar ben. Porque a hostia, se a vas levar, lévala igual por muito que contes o que che gustaría. Polo tanto, recordo que remataba o meu artigo Autocrítica cun aviso de ir a terra hostil amañar as cousas tentando que as condicións fosen o máis favorábeis dentro do posible.

Eu non sei se conseguín esa parte, aínda negociamos ata o último minuto. A cousa está difícil pero nunca se pode falar ata que os acontecementos xa se deron. Isto vai ser como un exame, unha proba na que se vai ter que botar todo o que se poida para que non haxa un drama de resultado. Iso si, se o drama está encargado e o rapaciño viaxeiro vai alá a dalo todo vai ser un señor dramón. Nas relacións, a partir da segunda ;), todos temos unha balsa salvavidas que inchamos antes de correr calquera risco. Frecuentemente facemos que en canto escora un pouquiño o barco e miramos que a cousa pode chegar a ser grave en vez de comezar manobras de re-estabilización revisamos o estado da balsa salvavidas e pouco despois deixamos o barco. É lei de vida desde que sabemos que se non é esta parella a definitiva será a seguinte, ou a de despois, ou a que logo ha de vir. O capitalismo edúcanos nisto: Se a aspiradora che dura 8 anos é cousa boa pero cando se estropee tes que ir mercar outra. As parellas o mesmo. Cando alguén alcuñou o lema de vivir o momento non reparou que cando é relativo ás parellas iso equivale a ter confianza hoxe e incerteza mañá.

Pois alá vou eu coa lanchiña de plástico ben enfeitada e os remos de goma escintilantes. A cada remada máis perto do destino, sexa este cal for. Alá vou eu co meu millor sorriso ao encontro da persoa que máis doe e máis cariño pode dar. E é que non hai outra forma. A ver como é o regreso!

4 Respostas to “As condicións favorábeis”

  1. Mr Tichborne Says:

    Lémbrasme a min mesmo hai anos. Eu tamén vin por aquí por unha moza, estiven con ela tres anos e agora acabamos de deixalo. E non cho digo para desanimarte senón por todo o contrario: non me arrepinto de nada. Ou si, mais arrepentirse é un deporte moi abnegado e aburrido.
    Esta é unha boa terra, a moza parece que che pillou ben, o idioma apréndese (se non o dominas xa), sempre hai unha volta atrás posible.
    Estou flipando co blog, parece unha historia paralela. En que queda a cousa, vés vivir, de vacacións ou…?

    • Kamikaze nach München Says:

      Pois home, kamikazinho si pero castrón non (por agora). Esta fin de semana vou sondar o terreo. Ter contacto directo. Mirala á cara e ver como vai a conversa, a loita, a discusión… Vou negociar a ver se non son tan “kamikaze” e logro que me agarde alá. Pero non sei cal será o resultado e as condicións de saída son ben precarias. De sábado a mércores podemos tomar unha se te achegas por Minga, como xa che dixera, que non vai ser todo chorarlle á rapaza unha pouca de atención! Pénsao, eu alí non coñezo muita xente.

  2. Esther Says:

    Gustoume moito a comparación co capitalismo das formas de vivir as relacións.Sigue así rapaz!

  3. zeltia Says:

    Bueno, iso de potenciar as cousas positivas e deixar no ar as negativas… depende do propio carácter. Eu sempre balanceo primeiro as negativas, creo. Menos cando obedezo a seguir impulsos, entón só vexo a cenoria e xa despois me preocuparei das consecuencias.

    (enténdoche moi ben o de levar a barca salvavidas)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: