Distancias

Novembro 12, 2009

Distancia
Coa noite o pensamento viaxa sen fronteiras, cansanzo, nin problemas de tempo e de buscar o camiño. O meu pensamento anda que non durme esta noite. Estaba a percurar as predicións meteorolóxicas para os dias que vou onda ela, para que me confirmen que se poderá voar sen problema e quitar unha paranoia da cabeza. A noite chama por elas. Estaba buscando unha predición a unha semana do tempo en Europa e como é lóxico non topei, porque as predicións meteorolóxicas son pouco fiábeis para un punto concreto a partir do 3º día e para Europa en xeral son meras ilusións porque todo pode ser ou non ser como di o mapa. Pois non atopei o que quería pero dei cunha aplicación que me di que desde o meu cuarto ao dela haiche en liña recta 1670 quilómetros.
Pareceume ben pouco e comparei co que opina para coche o google maps, que son 2335 se imos atravesando a Suíza, e 2285 sen abandoar o territorio comunitario. Isto en coche serían en torno a 22 horas e, sorprendentemente tamén dá a opción a pé aínda que a hai que modificar para non ir polo medio do mar desde Barcelona, 19 días camiñando. Acabo de flipar porque eu fixen o camiño en 25 dias desde Navarra así que esa estimación é de camiñar as 24 horas deses 19 días. A outra paranoia é se me afectará ou non a folga de Iberia destes días. Que desastre de compañía… que ben a gusto prescindiría dela!

Pois aí van as reflexións pouco lúcidas arredor das distancias nunha noite fría menos para vela.

3 Respostas to “Distancias”

  1. micas Says:

    Vens até à velha Germania :), esquece as paranoias, as viaxes são como as pontes! encurtam distãncias, sejam elas quais forem…

    Unha aperta ;)

  2. zeltia Says:

    ¡Xa me parecían a mín poucos días para ir andando!

  3. zeltia Says:

    (Ah, unha sorpresa saber que fixeches o Camiño, ando eu en decidirme (dende hai anos). Dende logo non sería este, con esa feira que montaron. Tampouco sería por fe, nin nada diso. E máis ben coma iso de aprender inglés. Desas cousas que sempre quixeches facer.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: