Tantas cousas por facer…
Outubro 30, 2009
Quedan muitas cousas pendentes. Adiadas. Agardando latentes o seu momento. Agardando a posibilidade de realizarse. Desexando abandoar o mundo das esperanzas para incorporarse ao das realidades. As apertas por dar e recibir. As arelas dunha terra diferente por descobrir. Tantos silenzos que matar. Tantas palabras por aprender. Tanta chamada para que vaia eu buscar o pan ou ti coller o brezel. Tantas montañas nevadas por subir e baixar. Tantas imaxes por sorrir… Tanta calor e mansedume que atopar ao teu lado.
Porque todo isto ata agora foi o antes e a historia comeza dentro duns meses.
Xa me tarda.
Xuño 23, 2010 ás 12:59 am
A verdade é que “meses” según en qué contextos pode ser nadiña, como unha eternidade…
hoxe vin que titulabas unha entrada recente “o meu novo amor muniqués” (non a quero ler, porque eu quería seguir o desenlace da historia que estás a contar no outono do ano pasado!, máis xa intúo que non acabou ben… ainda que “ben” e mal son relativos, xa sabes iso de que ás veces é a través de algo que pensabamos que era malo para nós por onde se chega ó que despois valoramos coma o imprescindible na nosa vida… “No hay mal que por bien no venga”, din os optimistas. E ¿será certo?
Xuño 23, 2010 ás 3:08 pm
Zeltia, agradézoche de corazón que lle dediques o teu tempiño a esta historia. Non é unha historia ficticia, é a miña historia, ou polo menos a miña perspectiva da miña historia. Espero que che guste polo menos a maneira de contala. Para min é e foi unha terapia. Aínda non ten final definitivo. Ti tes intriga, eu tamén :) Grazas por acompañarme :)
Xuño 23, 2010 ás 5:04 pm
Claro que me gusta o xeito que tés de contala!, non só como unha relación de acontecementos, se non metendo reflexións, sentimentos… e se ademáis tivese unha mala redacción, tampouco me gustaría e non me pararía a ler, como tí dis, estas cousiñas levan o seu tempo e hai moitísimos blogs onde escoller (ademáis do tempo que me leva o meu propio blog).
Se por gana fose lería moitos -gústanme especialmente os de temática persoal (coma o teu); e máis ainda os de temática persoal que o blogueiro vive noutro pais a onde se desplazou polos motivo sque fosen (habitualmente traballo).
Pero taqmén me gustan os que me sorprenden, os de música, os de poesía… Hai algúns na miña lista de blogs que pode que eu non escollese lelos hoxendía, pero escolléronme eles a mín, e ó fin, termínase creando unha relación de “vecindade” e reprocidade se a persoa que hai detrás do blog che cae ben -no que se amosa-
Así que continuarei lendo o teu blog! :-) según como vaia de tempo será o ritmo…
Hoxe son as lumeiradas de San Xoán, e haberá que ir comer unhas sardiñas e saltar a fogueira… se ben eu xa fixen a festa de solsticio de verán que foi o 21, pero e que hoxe o ulido das sardiñas á parrilla ou asadas envolve a cidade! (non sei se che dixen que son da Coruña)
Bicos da noite meiga que xa vai vir envolveita nesta calor que vai hoxe,case 30º