Medo

Outubro 17, 2009

Estou con medo.
Desde que dixen que ia mercar os billetes de avión para ila visitar até que o fixen pasaron así como 2 días. Cada pouco tempo miraba prezos e combinacións de voos. Ás veces desesperábame e o mandaba todo á merda. Outras pensaba que nin sei onde hei durmir. Ou si me virá recoller ao aeroporto. Ou se me fará falar o meu cutre alemán diante dela…
Acabo de mercar os billetes, disque via Frankfurt é máis barato pero está no quinto carallo de non teño tanto tempo como para ir por aí 6 horas de aventura ata chegar ou non a onde quero. Mirei mil opcións diferentes e como sempre irei por Madrid. Unha vez fun desde Porto pero tampouco me resolveu muito máis e tiven que chegar alá…
O grave non é pagalo, que é caro de carallo. O grave é a sensación que queda cando non sabes que vai pasar alá. Se se vai resolver ou non. Se vou durmir na súa cidade e sen ela. Se a vou cagar con calquera parvada… Vivir mancha e desta eu vou sen mandil. 4 días e non sei nada do que vou facer nese tempo.
Estou con medo.

3 Respostas to “Medo”

  1. Arduina Says:

    Abofé que estas con medo! Pero que sentido teria a tua aventura sen el?
    O mais dificil é dar o paso, lembrao. E o que teña que ser, que sexa, pero ti teras demostrado que es un valente.

  2. Kamikaze nach München Says:

    Non é valentía, é que é o camiño que quero coller para a miña vida. Graciñas por vir e comentar :)

  3. zeltia Says:

    podo imaxinar a ansiedade, case teño que facer esforzos para non meterme tanto na cousa, que é hora de durmir e despois non me ven o sono!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: