google/mundo racista?
Setembro 1, 2009
Muito me rira aquela vez que nun film americano un gordechiño e paliducho lle dicía a un novo viciño no seu barrio mentres facía a mudanza á nova casa que era a primeira vez que miraba un negro metendo un televisor dentro dunha casa e non ao revés.
As diferenzas existen. Os que falamos linguas minorizadas somos mui sensibles co trato que se lles dá. Se os que se din liberais en españa o fosen de verdade non poderían dicir todos cheos que quitar un símbolo dunha gardería de nenos que é unha casa cunha bandeira é desideoloxizar o ensino infantil. Só é volver a facer invisible o que queren que desapareza. E como as persoas son todas iguais, veñan de onde veñan, falen o que falen ou teñan a cara do cor que a teñan. Eses que se din liberais para malvender o estado en realidade só o son para poder vender aos seus amigos cousas que non lles pertencen.
Pois o que mirei na foto de enriba pareceume críbel pero acabo de facer a busca eu e xa non me suxeriu nada. De feito hai unha boa chea de entradas a páxinas comentando a foto. Será real ou unha montaxe? De todos xeitos, sería mui típico da nosa sociedade e festexo que se foi real xa non se dea máis. O mundo mellora con detalles pequenos :)
Maio 11, 2010 ás 10:36 am
gustoume moito
lenguas minorizadas
en vez de lenguas minotirarias
moito moito.
(acabo eu de metelo nunha lista de eufemismos na última entrada do meu blog)
e con isto, teño que ir rematando o tempo do café.
espero non perderte pola rede adiante, que quero ver eu como vai a túa historia.
un bico dende a coruña.
Maio 27, 2010 ás 12:41 pm
Espero terche feito pasar un ratiño bo na hora do café. A verdade é que para min é bonito e cada vez máis duro seguir escribindo aquí. Dá gusto ver que aínda hai quen o lea.
Aperta forte para Coruña!