O destino

Agosto 30, 2009

München, Minga en bávaro, Munique en galego-portugués, Múnic en “galego” e Munich en inglés e español.

O nome seica vén dun asentamento de monxas, por iso que o escudo que aparece nos vagóns do metro sexa unha monxa. É famosa no mundo enteiro por ser o lugar onde se fai a festa da cervexa durante o Oktoberfest. Unha tradición bestial que aínda non coñezo e que se cadra o ano que vén vivo desde dentro. Este ano toca seguir a traballar e tentar aforrar uns cartiños para comezar a anti-aventura con millores espectativas, non xa de éxito senón, de supervivencia. Ás veces póñome un pouco dramático pero penso que en todas partes hai xente que comeza de cero. O conto é cando vou ser eu o que o faga, e loitando por reflotar un navio que non sei se poderá manter minimamente a navegabilidade. Polo menos eu sei que non é cousa de caralladas que eu fixese, e a compañeira creo que tampouco.

No meu país o motivo, case o único, por excelencia de ruptura é a infidelidade. A primeira vez que oín que en Alemaña a xente renuncia a dedicarlle tempo á parella para centrarse no traballo pensei que era algo que se dicía pero que non sería nunca certo. Logo oíno muitas máis veces e mesmo de quen menos quería oílo. Estes alemáns sonche ben raros. Eu sempre que dixen algo parecido mentín como un bellaco e case sabendo que a outra persoa xa sabería. Serei vítima das distancias culturais? ou serei só un pardillo que creu unha escusa tan cutre?

Encántanme os parques da cidade, o urbanismo que ten, e aínda que é un pouco cara (disque a mais cara de Alemaña) é un lugar tan bo como outro calquera para comezar unha nova vida.

Advertisements

Unha resposta to “O destino”

  1. Zeltia Says:

    Pois como agora o futuro xa é presente,
    e arestora xa estarás alá (aí)
    e se era unha excusa ou non o era, xa o saberás,
    podo dicir sen desanimarte,
    que, eu penso sen saber nada, que case sempre que se di, case é mellor deixalo, pois son excusas ou que un xa non pode máis coa frustración de que as espectativas nunca se cumpran.
    :-)
    menos mal que pensando mal, sempre podo levar gratas sorpresas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: