As bicis en Europa molan

Agosto 30, 2009

Non son só un kamikaze. Tamén é que gosto de muitas cousas de Europa. Na miña cidade, e na miña contorna, sempre houbo muitas persoas que viaxaban ou vivían fóra da súa casa uns meses, mesmo toda a vida. Oír as súas experiencias sempre me deixou coa sensación de que iso si que é vida e non a carallada rutineira que fago eu. Muitos estranxeiros din que a verdadeira vida feliz está en Compostela. Pode ser, pero iso é porque veñen de sitios mui diferentes e só polo cambio senten mais a liberdade e a necesidade de facer cousas que no seu país nin pensarían. A felicidade non é nun lugar senón na cabeza de cada un. Se vivisen nas súas cidades como viviron, ou viven, en Compostela non pensarían que Santiago é tan especial.

Puxen ese vídeo de arriba para expresar a miña admiración ás cidades onde a xente vai en bici a toda a parte. Paréceme mui democrático, práctico e ecolóxico. Pode ser que sexan cidades muito máis chairas do que as galegas. Iso tamén axuda. Onde máis claro mirei este ambiente de ciclismo popular foi en Amsterdam. Todo o mundo nas bicis, mesmo cando chovía cos paraugas. E non vaias pensar que ían con sensación de facer o ridículo. Ir en bici en Amsterdam debería ser considerada unha arte máis. Eu coñecín Salzburg en bici un día de alerxia incontrolada e aínda así foi unha experiencia que sempre recordarei como mui positiva. E ás veces en München téñome desprazado tamén en bici. Do máis normal. O problema é cando todo está nevado e o chan cuberto co xelo.

Pois iso, que non todo é ir ata o final do xogo e rescatar á princesa. A min hai muitas cousas de Europa que me gustan. Unha delas as bicis nas cidades.

Unha resposta to “As bicis en Europa molan”

  1. Zeltia Says:

    Agora na coruña tamén temos bicis que puxo o concello: cóllela nun sitio e apárcala noutro para que a colla outro.
    O malo é que os coches esfólante vivo.
    (e as que imos vellas, ou non temos folgos, (ou imos vellas E non temos folgos), non nos axuda moito, con tanta costa de diós (malia non ser vigo)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: