Presentación dunha anti-aventura de incerto final

Agosto 29, 2009

Pois si. Ich bin ein “Kamikaze nach München” en proceso. A decisión está tomada. Falta fixar a data e preparar as posibilidades de non ser realmente un kamikaze e que todo se poida reconducir ao rego para non levar a hostia final típica dos kamikazes.

A situación é grave. As cousas non foron ben coa namorada de tal maneira que pasou de ser a Namorada a ser a Ex-Namorada. Supoño que influíu iso de estar todo un ano de relación a distancia mirándonos cada dous meses e ela vivir nun lugar relixioso para estudantes en München. Poucas veces xuntos e pouca comodidade nun país de lingua incomprensibel. As súas visitas á Galiza non foron unha marabilla tampouco, a última tivo que durmir duas noites no aeroporto de Madrid grazas  unha folga de Iberia á que lle debo unha alta porcentaxe de que non volvese nunca.

As relacións non están feitas para conservarse vía Email e o mundo real non permite que emigre en canto eu queira. Estou aprendendo o idioma, o papeleo para saír con dignidade do traballo e tentando non rachar de todo as comunicacións con ela. O obxectivo é irme a finais de febreiro. Únidevos a min nesta anti-aventura.

Unha resposta to “Presentación dunha anti-aventura de incerto final”

  1. Zeltia Says:

    vaia!
    qué romántico! (ou qué tolo!)
    ou as dúas cousas.

    seguirei mirando un chisco, a ver cómo che foi!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: